jueves, 1 de noviembre de 2012

Partidos para a fin de semana do 3 e 4 de Novembro


HORARIOS DOS PARTIDOS DOS EQUIPOS DO C.B. ARTEIXO

Esta fin de semana, entra en competición o C.B. Arteixo infantil feminino, que inicia a súa competición o domingo ás 12:30 horas no Polideportivo de Elviña I contra Santa María del Mar. Polo que só falta por debutar en competición o C.B. Arteixo alevín mixto.

O sábado inicia a xornada o C.B. Arteixo infantil masculino, que visita ás 12:00 horas no Pavillón Bergantiños de Carballo ó C.B. Artai, un dos máximos favoritos para levarse a competición. Complicada tarefa para os xogadores de Edu esta fin de semana.

Xa o sábado por la tarde, o C.B. Arteixo senior de 4ª división visita ó C.B. Montrove na busca da primeira victoria da tempada. O partido comezará ás 18:00 horas no Colexio Valle Inclán.

Tamén o sábado, ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de O Burgo, onde o C.B. Arteixo senior de 2ª división visitará ó C.B. Culleredo nun partido entre o segundo e o terceiro clasificados.

Xa na xornada do domingo, o C.B. Arteixo cadete recibe ó BCA 97 ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, buscando a primeira victoria da tempada.

No último partido da xornada o C.B. Arteixo junior visitará ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor ó BCA 96, buscando a segunda victoria consecutiva. Difícil tarefa para os xogadores de Germán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario