Comezou a liga para o equipo infantil masculino. O paritdo disputouse o domingo ás 10:00 hroas no Pavillón municipal de Meicende.
Os de Arteixo saíron cunha boa mentalidade ó comezo do primeiro periodo, pero entre os nervios habituais do primeiro partido de liga e a clara diferenza física a favor dos de Carballo, ó final do periodo o marcador reflexaba un contundente 10-24 para os carballeses.
No segundo periodo máis do mesmo. Gran diferenza física a favor dos de Carballo, ó que axudaban as perdas de balón dos locais e o seu pouco acerto de cara ó aro. Así, ó descanso, o marcador era de 18-47.
Ó comezo do terceiro periodo, os arteixáns intentaron saír moito máis centrados e intensos que na primeira metade, pero sen éxito ningún no ataque, polo que no marcador seguía aumentando a vantaxe dos visitantes (26-66).
No último periodo mantívose a dinámica dos anteriores, rápidas transicións dos carballeses e un gran esforzo en defensa serviulles para levarse a victoria poñendo un 36-86 no marcador ó final do partido.
Na próximca xornada, os nosos infantiles visitarán a un dos favoritos para levarse a liga, o Club Baloncesto Artai.
C.B. Arteixo
José Aimán; Jacobo; Mario; Hugo; José; Dani; Mario; Isma; Víctor.
Ad: Edu Albitre
No hay comentarios:
Publicar un comentario