Recibía o C.B. Arteixo o domingo ás
10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó BCA 97 intentando sumar a súa
primeira victoria do ano, despois de empezar a tempada ante os dous favoritos ó
liderato do grupo, culminando ámbolos dous en derrota.
O partido comezaba dominado polos
arteixáns, que conseguían manter a raia ós dous xogadores interiores de BCA con
defensas intensas nas liñas de pase. A pesar deso, varias imprecisións facían
que o marcador fose axustado, síntoma de como sería o resto do partido.
O segundo periodo foi outra historia
completamente diferente, as dificultades defensivas e os atascos no ataque
facían que os xogadores de Jose recibisen un parcial de 0-8, poñendo vantaxes
para os visitantes, necesitando dun tempo morto para deter o parcial en contra.
O terceiro periodo comezou como un
partido novo para ámbolos dous equipos, onde o físico los locais impúxose nunha
gran defensa a toda pista, o que tamén derivaba en ataques máis pobres e pouco
movemento sen balón, acadando anotacións moi baixas ámbolos dous equipos.
O último period comezaba moi ben
para os de Arteixo, co partido de cara, unha vantaxe de 11 puntos e unha boa
defensa presionante. A intensidade na defensa facía que o único base do equipo
cometese a súa 5ª falta, o que dificultaba a saída do balón e a coordinación en
pista.
Aínda así, nun alarde de exemplo e
intensidade, os exteriores conseguían facer ben o seu traballo. Ata os dous
últimos minutos de partido, onde as perdas de balón eran a tónica habitual e
BCA chegaba ós 10 últimos segundos con balón para gañar o partido. Unha boa
defensa de axudas dos locais bloqueaba o ataque visitante, quedando a victoria
en Arteixo (50-49) e estrenando o casilleiro de victorias dunha tempada que se
presenta moi dura e esixente.
C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu;
Jonathan; Miguel D; Javi; Leo; Iván; Adrián; Antón.
Ad: Jose Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario