O sábado inicia a
xornada o C.B. Arteixo infantil feminino,
que disputará o seu partido contra Maristas Champagnat o sábado ás 11:15 horas
no Polideportivo de Elviña II de A Coruña. As rapazas de Andrea tratarán de
realizar un bo partido para conseguir a súa segunda victoria consecutiva da
tempada e continuar coa súa progresión.
Tamén o sábado, ás
12:30 horas no Polideportivo Municipal de A Sardiñeira de A Coruña o C.B. Arteixo alevín mixto xogará o seu
partido contra o Coreti Etiquetas B Culleredo. Os nenos e nenas de Arkaitz
tratarán de seguir coa súa progresión pouco a pouco e perder os nervios da
semana pasada no seu debut.
Xa na xornada do
domingo o C.B. Arteixo infantil
masculino recibirá ó Culleredo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de
Arteixo. Buscarán os rapaces de Edu a segunda victoria consecutiva ante un duro
rival, que loitará por estar arriba na clasificación.
Despois do partido
do infantil masculino, o C.B. Arteixo
senior de 2ª división recibirá no Pazo dos Deportes de Arteixo ás 12:00
horas ó C.B. Celtas de Foz. Os xogadores de Fran Lozano tratarán de seguir ante
o equipo da Mariña coa racha de victorias consecutivas, que xa está en seis.
Pecha a xornada o C.B. Arteixo senior de 4ª división, que
recibirá ó C.B. Ventorrillo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Os
xogadores de Germán Lozano tratarán de conseguir a segunda victoria da tempada
e mellorar a imaxe mostrada no partido de hai dúas semanas ante o Filloa Jazz.
Pola súa banda, o C.B. Arteixo cadete e o C.B. Arteixo junior, teñen xornada de
descanso debido a que hai un número impar de equipos na competición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario