lunes, 19 de noviembre de 2012

Infantil masculino: Ferroatlántica Costa da Morte 42 - 69 C.B. Arteixo


Cuarta xornada de liga para o C.B. Arteixo infantil masculino, na que por fin chegou a primeira victoria do ano. Partido disputado o domingo ás 12:00 horas no Polideportivo Municipal de Cee contra o Ferroatlántica Costa da Morte.

Chegaron os arteixáns convencidos e motivados para que non se lles escapase a victoria. Así, nos primeiros dous minutos de partido, xa se facían notar as intencións no marcador, reflexando unha ampla diferencia a favor dos visitantes.

A distancia ía ampliando a medida que pasaban os minutos, para chegar ó descanso cun 24-31 a favor dos de Arteixo.

Á volta dos vestiarios, os arteixáns non estaban dispostos a deixar perder a vantaxe e trataban de despexar as fantasmas de pasados terceiros periodos. Con toda a concentración e motivación posible, prodúcese a rotura definitiva do partido, realizando un parcial de 4-24 a favor dos xogadores de Edu, deixando o marcador nun 28-55.

O último periodo foi un intercambio de canastras por parte de ámbolos dous equipos para deixar o marcadornun 42-69 ó finalizar o partido.


C.B. Arteixo
Jose, Isma, Víctor, Carlos, Mario, Jose Aimán, Hugo, Dani, Jacobo.
Ad: Edu Albitre

No hay comentarios:

Publicar un comentario