Partido xogado no Polideportivo de A
Sardiñeira de A Coruña entre o C.B. Arteixo e o Coreti Etiquetas B o sábado ás
12:30 horas.
Nova derrota do equipo alevín, pero
con moitas mellores sensacións que na pasada semana.
Comezaban moi despistados en ataque
os arteixáns, facilitando accións de 1x0 ós xogadores de Culleredo, polo que xa
as primeiras vantaxes ían por encima dos 10 puntos.
No segundo periodo mellorou a
actividade defensiva dos arteixáns, ó que acompañou acerto de cara á canastra
(6 puntos).
A partir de aquí o partido seguiu a
mesma dirección no resto de periodos, os de Culleredo conseguían anotar grazas
a contraataques e os de Arteixo suaban moito para poder conseguir anotar.
Ó final do cuarto periodo, os de
Culleredo pecharon o marcador co definitivo 12-62.
C.B. Arteixo
Laura, María, Raúl, Aitana, Elías, Manu,
Roi, Khaoula, Víctor, Yago, Yael e Simón.
Ad: Arkaitz Collazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario