martes, 13 de noviembre de 2012

Senior 4ª división: C.B. Arteixo 37 - 46 Filloa Jazz


Partido disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Buscaba o C.B. Arteixo a segunda victoria consecutiva ante un rival que aínda non coñecía a victoria nesta tempada.

Comezaba o partido cos locais fóra del, blandos en defensa e negados en ataque, o que provocaba que os visitantes se fosen no marcador pouco a pouco grazas ó seu xogo pausado, buscando as mellores opcións en ataque. Ó final do periodo 3-11 para os visitantes.

Melloraron os locais no segundo periodo, xa que eran capaces de meter algún balón interior. Pero a defensa seguía a ser branda e sen axudas. Os visitantes seguían a facer o seu xogo, e aumentaban a vantaxe por encima dos 10 puntos ó descanso (12-23).

Cambiou a actitude dos locais no terceiro periodo. Apretando en defensa conseguiron colocarse a 7 puntos mediado o periodo, pero unha xogada de 6 puntos dos visitantes (canastra, técnica e nova canastra) colocaban unha diferenza de 12 puntos ó finalizar o terceiro periodo (22-34).

O último periodo foi un quero e non podo para os locais. Os visitantes conseguiron manter a vantaxe sen variar o seu xogo, mentres que os locais non eran capaces de remontar. Ó final, 37-46 para os visitantes.

A próxima semana o C.B. Arteixo ten xornada de descanso. O próximo partido será no Pazo dos Deportes de Arteixo o domingo 25 de novembro contra o C.B. Ventorrillo ás 19:00 horas.

C.B. Arteixo
Germán (0); Cotelo (0); Juan (12); Diego (1); Víctor (9); Arkaitz (8); Dylan (0); Adrián (0); Yassir (1); Héctor (2); Pablo (2); Dany (2)
Ad: Germán Lozano

Filloa Jazz
López (8); Ruiz (4); Cabrera (10); Piñeiro (0); Calatayud (4); Soto (0); Veira (0); Bueno (2); Vázquez (6); Mella (0); Ruppen (12)
Ad: J.M. Calatayud

No hay comentarios:

Publicar un comentario