Esta fin de semana,
o primeiro equipo en xogar o seu partido é o C.B. Arteixo infantil feminino, que disputará o seu partido contra
ADFRO o sábado ás 11:15 horas no Polideportivo Municipal Agra II de A Coruña.
As rapazas de Andrea tratarán de realizar un bo partido como o da primeira
xornada e seguir mellorando pouco a pouco.
O sábado pola
tarde, o C.B. Arteixo cadete
visitará ó Costa da Morte na busca da segunda victoria consecutiva e igualar o casilleiro
de victorias e derrotas. O partido comezará ás 16:00 horas no Pavillón
Municipal de Brens.
Xa o domingo,
inicia a xornada o C.B. Arteixo infantil
masculino, que recibirá ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó
ADFRO. Os xogadores de Edu, tratarán de conseguir a primeira victoria da
tempada e continuar coa mellora acadada dende o principio da tempada.
Ó finalizar o
partido dos infantiles, xogará o C.B.
Arteixo senior de 2ª división que recibirá ó C.B. Cluny ás 12:00 horas no
Pazo dos Deportes de Arteixo, coa intención de seguir nos altos postos da
clasificación e continuar coa racha de victorias consecutivas, que xa ascende a
4.
Na xornada da
tarde, o C.B. Arteixo junior recibirá
ó Narón ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. O equipo intentará
sumar unha nova victoria, despois de que se escapase no último periodo o
partido da pasada xornada ante BCA.
Pecha a xornada o C.B. Arteixo senior de 4ª división que
recibirá ó Filloa Jazz ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. O
obxectivo dos xogadores de Germán será o de sumar a segunda victoria da tempada
e seguir evolucionando no xogo do equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario