jueves, 29 de noviembre de 2012

Partidos para a fin de semana do 30/11, 1/12 e 2/12


Inicia a xornada o C.B. Arteixo senior de 4ª división, que visitará ó IDEFIC o venres ás 20:45 horas no Pavillón da Antiga Facultade de Maxisterio de A Coruña. Os xogadores de Germán tratarán de realizar un bo partido durante os 40 minutos e non regalar ningún periodo ós rivais para poder ter opcións de disputar e gañar o partido.

O sábado o C.B. Arteixo infantil feminino, disputará o seu partido contra Betanzos 00 o sábado ás 11:15 horas no Polideportivo de Elviña II de A Coruña. As rapazas de Andrea tratarán de realizar un bo partido para conseguir a súa segunda victoria da tempada e continuar coa súa progresión no xogo.

Tamén o sábado, ás 17:15 horas no Polideportivo Municipal de A Sardiñeira de A Coruña o C.B. Arteixo alevín mixto xogará o seu partido contra o Salgado Montrove. Os nenos e nenas de Arkaitz tratarán de seguir coa súa progresión pouco a pouco e poder pelexar por disputar o partido.

Xa o domingo, o C.B. Arteixo cadete recibirá ó BCA 98 B ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Os xogadores de Jose tratarán de sumar unha nova victoria despois de dúas semanas de traballo sen competición debido á retirada dun dos equipos da liga e da xornada de descanso.

O C.B. Arteixo senior de 2ª división visitará o C.D. Recimil de Ferrol o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Javier Gómez Noya de Ferrol. Os xogadores de Fran tratarán de sumar unha nova victoria que os manteña nos primeiros postos da clasificación.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo junior, que visitará ó Culleredo o domingo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de O Burgo. Preséntase un partido difícil para os xogadores de Germán, os cales intentarán mellorar o xogo mostrado nos últimos partidos.

Pola súa banda, o C.B. Arteixo infantil masculino ten xornada de descanso ó disputar unha competición de 7 equipos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario