lunes, 19 de noviembre de 2012

Infantil feminino: C.B. Arteixo 28 - 40 Carballo Basket


Partido disputado o sábado ás 11:15 horas no Pavillón Elviña II de A Coruña contra o Carballo Basket.

Un partido máis con tan só 5 xogadoras, xa que Noelia segue a recuperarse dende a pasada xornada do seu esguince. As nenas puxeron todo da súa parte no encontro, pero non foi suficiente, o marcador final sería 28 – 40.

Erros en defensa , fallos dende debaixo do aro e moitos roubos de balón foron os causantes desta derrota.  A medida que o partido foi avanzando as nenas foron espertando e deixando erros atrás, quedando moi igualadas nos dous últimos parciais 14 - 10 / 8 – 10 .

Quedando moito por mellorar, as nenas do infantil feminino seguirán coas ganas de xogar e disfrutar cada partido.

Os parciais foron os seguintes: 2-10 ; 4-10 (6-20) ; 14-10 (20-30) ; 8-10 (28-40)

C.B. Arteixo
Laura (10), Angélica, Sonia (8), Victoria, Miriam (10)
Ad.: Andrea Álvarez

No hay comentarios:

Publicar un comentario