Visitaban os arteixáns o Colexio
Tirso de Molina de Ferrol para xogar contra o propio Tirso de Molina, equipo
descendido a pasada tempada da liga galega. O partido daba comezo ás 18:00
horas do sábado. Contaba Germán coas baixas de Adrián, Damián e Edu, contando
co xogador do equipo cadete Darío para completar a convocatoria.
O partido xa comezou cun dominio
absoluto por parte do equipo ferrolán, dominando tódalas facetas do xogo e cun
ritmo moi alto, imposible de seguir por parte dos de Arteixo. Aínda así, os
visitantes conseguían algunhas boas opcións de lanzamento, pero sen
efectividade. Así, finalizaba o primeiro periodo cun 24 a 6 no marcador.
O segundo periodo foi un monólogo de
canastras para os locais, que anotaban de tódalas cores: tiros de tres tras
saída de bloqueo indirecto, contraataques, vantaxes tras bloqueo directo,… Pola
súa parte, os arteixáns só conseguiron unha canastra neste periodo, unha tripla
de Manuel sobre a bocina do descanso, sendo o parcial do periodo 29-3. O
marcador ó descanso estaba en 53-9.
Á volta do descanso, como
ultimamente, os arteixáns cambiaron a súa cara. Comezaron a mellorar a
circulación en ataque e a estar máis acertados de cara ó aro. Sen embargo, na
defensa era moi complicado poder parar o aluvión local que seguían anotando
cunha facilidade pasmosa. Ó final do terceiro periodo, o marcador sinalaba un
77-28.
O último periodo, foi similar ós
dous primeiros. Descendeu o acerto dos visitantes de cara ó aro debido ó
esforzo que fixeron por seguir o ritmo dos locais, mentres que os ferroláns
seguían xogando a placer e anotando sen parar. Ó final do partido, 103-33 para
os locais.
A próxima semana, o C.B. Arteixo
terá xornada de descanso, volvendo á competición dentro de dúas semanas contra
Culleredo, no que suporá o inicio da segunda volta da liga.
Tirso de Molina
Sedes (21); Cabezal (4); Cobelo (14);
Pita (26); González (10); Costa (28).
Ad: J. Vázquez
C.B. Arteixo
Darío (8); Eloy (0); Nico (0); Dani
(16); Manu (3); Diego (2); Jacobo (0); Brais (2); Fabián (2); Richi(0).
Ad: Germán Lozano
No hay comentarios:
Publicar un comentario