O sábado inicia a
xornada o C.B. Arteixo infantil feminino,
que disputará o seu partido contra Carballo Basket o sábado ás 11:15 horas no
Polideportivo de Elviña II de A Coruña. As rapazas de Andrea tratarán de
realizar un bo partido para conseguir a súa segunda victoria consecutiva.
O sábado pola
tarde, ás 18:00 horas, o C.B. Arteixo
junior visita ó Tirso de Molina de Ferrol, líder invicto do grupo
intentando seguir mellorando pouco a pouco e poder pelexar por conseguir a
victoria. O partido disputarase no Colexio Tirso de Molina de Ferrol.
Xa o domingo, por
fin comeza o C.B. Arteixo alevín mixto
a competición. Os rapaces e rapazas de Arkaitz comezarán a súa andadura na
competición o domingo ás 11:00 horas no Polideportivo Agra II de A Coruña
contra o Obradoiro. Xa levan moito tempo e con moita ansia esperando esta fin
de semana.
Tamén o domingo
pecha a xornada o C.B. Arteixo infantil
masculino. Visitará ó ACB Costa da Morte ás 12:00 horas no Pavillón
Municipal de Cee. Buscarán os rapaces de Edu a primeira victoria da tempada,
que non tardará moito en chegar vendo o nivel de xogo que están amosando este
principio de tempada.
Como nota destacada
desta fin de semana, hai que dicir que tres equipos do club teñen xornada de
descanso: o C.B. Arteixo senior de 2ª
división e o C.B. Arteixo senior de
4ª división descansan por ser unha liga cun número impar de equipos.
Pola súa banda, o C.B. Arteixo cadete ten xornada de
descanso debido a que o C.B. Laracha retirou o equipo da competición, deixando
un grupo de 6 equipos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario