Derrota contundente do cadete na súa visita ó Santo Domingo de Betanzos (82-27)
Comezou o partido con numerosas imprecisións por parte dos arteixáns, que decidiron tirar o partido nun mal primeiro periodo cheo de erros de concentración. Situacións de 1x0 favorables ós betanceiros debido a erros defensivos e os locais íanse no marcador (32-2).
O segundo periodo comezou moi diferente, presentando unha defensa ámbolos dous equipos que debilitaba ós ataques e apretaba o parcial do periodo (15-11).
O descanso veulle ben ós arteixáns, que aproveitaron os erros no balance defensivo para anotar tres contraataques seguidos, nun periodo de pouca anotación (10-6).
O último periodos só serviu para que os locais aumentasen a vantaxe que se asomaba xa insalvabe dende o primeiro periodo (25-8).
Deberán reflexionar os arteixáns para paliar un inicio con dúas derrotas consecutivas.
C.B. Arteixo
Miguel Cruz, Darío, Natahel, Juanlu, Jonathan, Miguel Díaz, Javi, Leo, Iván, Antón, Adrián
Ad: Jose Ríos
Santo Domingo Betanzos
Pablo Ferrer, Angel, Roque, Antón, Pedro Vidal, Dani Martín, Juan Miramontes, Nico Coelho, Mateo Guitián, Sergio
Ad: Javier Codesido
No hay comentarios:
Publicar un comentario