lunes, 29 de octubre de 2012

Nova derrota do senior de 4ª división


Recibía o C.B. Arteixo ó Ferrol C.B. buscando a súa primeira victoria na tempada. Esta non chegou, pese a que non se fixo un mal partido.

Os ferroláns, equipo veterano que conta nas súas filas con Jose María Moreno (exACB e un dos mellores xogadores da liga EBA o ano pasado), saíron facendo o seu xogo, sen moita velocidade nos ataques, seleccionando ben as opcións e cunha defensa zonal 2-3. Pola súa banda, os arteixáns saíron seleccionando ben as súas accións de ataque, movendo o balón, pero nada acertados de cara ó aro. De feito, neste primeiro periodo non conseguiron inaugurar o seu marcador (0-16).

No segundo periodo, os arteixáns menguaron o seu nivel de xogo, pero estiveron un pouco acertados de cara ó aro, anque non lles permitiu chegar ó descanso recuperando a diferenza do primeiro periodo (6-31).

Despois do descanso, os arteixáns aumentaron a súa intensidade defensiva, recuperando balóns e saíndo ó contraataque. A selección de tiro non foi boa como nos periodos anteriores, pero si estiveron moi acertados de cara ó aro. Os ferroláns seguían a facer o seu xogo, anque non conseguían estirar a diferenza no marcador (24-50).

O último periodo, seguiu a mesma liña que o terceiro, pero os arteixáns volvían a estar desacertados cara ó aro porque non conseguían unha boa selección de tiro (29-63).

C.B. Arteixo
Germán (1); Cotelo (0); Juan (2); Diego (1); Pavo (8); Víctor (2); Arkaitz (4);
Dylan (0); Adrián (4); Yassir (4); Héctor (1); Dani (2)
Ad: Germán Lozano


Ferrol C.B.
Morate (9); Moreno (15); García (24); Fernández (4); Pardo (4); Viladóniga (0); Cortizas (3); Barbeito (1); Pérez (0); González (2); López (1)
Ad: Luis Barbeito

No hay comentarios:

Publicar un comentario