viernes, 26 de octubre de 2012

Xornada do 27 e 28 de Outubro


Esta fin de semana, entra en competición o C.B. Arteixo infantil masculino, que inicia a súa competición recibindo ó Carballo Basket Xiria. O partido, que abrirá a xornada dos equipos do club, será ás 10:00 horas no Pavillón Municipal de Meicende.

Ó remate do partido infantil, disputarase unha nova xornada da 2ª división senior masculina, onde o C.B. Arteixo senior de 2ª división recibirá ó Emparesa Narón. O partido dará comezo ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de Meicende.

Xa pola tarde, o C.B. Arteixo cadete visitará a pista do Santo Domingo de Betanzos. O partido dará comezo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Betanzos.

Á mesma hora (17:00 horas) disputaríase o partido do C.B. Arteixo junior, pero a peticion do Baloncesto Cambre, o partido trasládase ó xoves 1 de novembro ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

Como fin da xornada do domingo, o C.B. Arteixo senior de 4ª división recibe ó Ferrol C.B. O partido disputarase ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Meicende.

No hay comentarios:

Publicar un comentario