miércoles, 4 de noviembre de 2015

Infantil masculino: Laser Combat Montrove 77 - 47 C.B. Arteixo

Partido correspondente á segunda xornada da 2ª división infantil maculino, disputado o sábado ás 10:00 horas no Pavilllón de Canide-Mera.

Primeiro periodo no que os arteixáns despregaron un bo xogo de ataque, conseguindo vantaxes preto da canastra grazas a accións de 1x1 e ó rebote ofensivo. Na defensa o equipo non estaba todo o ben que debería e os locais finalizaban o periodo con dous puntos de vantaxe.

No segundo periodo veu a debacle dos de Arteixo. Mala saída do balón con pases frouxos  e perdas tontas de balón, que propiciaron situacións de contraataque dos locais. Destacar que os arteixáns case non foron capaces de conseguir chegar con comodidade a campo de ataque. A vantaxe local ó descanso xa era case insalvable (21 puntos)

Á volta do descanso mellorouse a saída do balón, pero seguíanse a cometer perdas de balón no ataque, as cales nos lastraban e non nos deixaban acortar a diferenza no marcador.

No último periodo o xogo foi similar ó terceiro, pero desta vez os arteixáns estaban máis acertados nas ocasións nas que chegaban ó ataque despois de superar a defensa local.

Moito mellor o xogo de 5x5 que na pasada xornada por parte dos nosos infantiles. Hai que seguir traballando nos adestramentos para continuar a mellora individual e colectiva do grupo.

C.B. Arteixo
Simón, Enzo, Zeus, Iago, Samuel, Gonzalo e Ángel

A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo enfrontarase ó Culleredo o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario