Partido correspondente á terceira xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
30 - 96 (8-20 / 5-25 / 4-25 / 13-26)
Partido con pouca historia o disputado en Arteixo. Un equipo, o de Cambre, cunha gran superioridade física na pista, con xogadores por encima de 1,90 metros, que impuxo o seu xogo dende o comezo do partido. Moitos rebotes ofensivos e moitísima intimidación para dominar ámbalas dúas zonas.
Aínda así, é moi destacable a loita continua de tódolos xogadores do C.B. Arteixo durante os corenta minutos de partido. Mantendo a intensidade ó longo da tempada terán grandes resultados nunha moi competida segunda división cadete.
C.B. Arteixo
Raúl, Fabio, Alec, Saúl, Jacobo, Dani, Hugo, Diego, Fran, Simón e Iago
A próxima fin de semana, o C.B. Arteixo desprazarase a Cee para disputar o seu partido contra o ACB Costa da Morte o sábado ás 16:00 horas no Pavillón de Brens
No hay comentarios:
Publicar un comentario