martes, 20 de octubre de 2015

Infantil masculino: Maristas 42 - 17 C.B. Arteixo

Partido amigable disputado o domingo ás 17:00 horas no Colexio Maristas de A Coruña.

42 - 17  (12-4 / 7-2 / 11-6 / 12-5)

Estreábase esta tempada o equipo dirixido por Dany Fraga ante un sempre complicado Maristas. Para o partido non podíamos contar coa axuda dos minis, tendo só cinco efectivos para disputar o partido.

Os arteixáns sólo foron quen de anotar cando podían correr e superar a defensa a toda pista do rival. No ataque estático só conseguiron anotar dúas canastras en xogo. 

Ben realizado o traballo das axudas na defensa, aínda que hai cousas por mellorar loxicamente.

En canto á saída do balón, foi mellorando co paso dos minutos. No comezo do partido, os malos pases non nos deixaban chegar ó ataque con comodidade, pero na segunda metade conseguiuse saír ben da defensa a toda pista.

C.B. Arteixo:
Iago, Samuel, Simón, Enzo e Zeus
Adestrador: Dany Fraga


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo comezará a competición ante BC 03.

No hay comentarios:

Publicar un comentario