martes, 20 de octubre de 2015

Cadete masculino: Laser Combat Montrove 41 - 40 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 1ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 12:00 horas no Pavillón de Canide-Mera (Oleiros)

41 - 40  (10-13 / 9-15 / 4-6 / 18-6)

Inicio de partido moi igualado, pero cos arteixáns atopando boas opcións no xogo estático mediante un acertado movemento de balón. Deste xeito, pouco a pouco o equipo visitante foise escapando no marcador ata acadar ó descanso unha renda de 9 puntos a favor (19-28)

O terceiro periodo comezou cos dous equipos errando moito de cara ó aro. Aínda así, os arteixçans aínda conseguiron aumentar a súa renda en dous puntos máis (23-34)

Ninguén podía predecir o que sucedería no último periodo... O partido transcorría polos cauces do terceiro periodo, ata que o xogador número 21 de Montrove anotou 3 triplas consecutivas que comprimiron ó máximo o partido.
Nos instantes finais os locais tiveron máis calma á hora de anotar e leváronse o partido nun final de infarto.

Bo xogo por parte dos arteixáns, pero que non tivo a súa recompensa ó final do partido.

O equipo está no bo camiño!!! Hai que seguir traballando

Laser Combat Montrove:
Pujales, Lens, Quintián, García, Álvarez, Pedreira, Alonso, Bouza, Díaz, Babío, Campos, Arcar e Bouza
Adestrador: J.L. Alberola

C.B. Arteixo:
Dani, Hugo, Fran, Alec, Diego, Raúl, Jacobo e Fabio
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo estrearase como local contra o C.B. Artai

No hay comentarios:

Publicar un comentario