miércoles, 27 de mayo de 2015

Junior masculino. Maristas Coruña 74 - 63 C.B. Arteixo

Partido correspondente ás semifinais da Copa primavera junior masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña.

74 - 63  (12-3 / 18-14 / 24-25 / 20-21)

Rematou a tempada para os nosos junior coa disputa das semifinais da Copa primavera ante Maristas Coruña. Non puido ser cunha victoria, pero caeuse con moita honra e traballo ante o que despois foi o gañador da Copa.

O partido presentábase moi difícil para os arteixáns, xa que Maristas é na opinión de case todo o mundo, o mellor equipo da competición, estando a piques de clasificarse para a fase de ascenso a primeira división. Ademais, os partidos precedentes non foron favorables para os arteixáns, saldándose con dúas contundentes derrotas (95-49 en Maristas e 40-67 en Arteixo)

Con estes precedentes, as expectativas non eran moi boas de cara a esta semifinal. Pero a realidade foi que o equipo estivo en todo momento metido no partido, facendo un gran traballo cunha gran intensidade e un esforzo enormes por parte de tódolos xogadores, ademais de amosar un xogo máis que aceptable.

O partido comezou cun bo xogo por parte dos arteixáns, pero con pouco acerto de cara ó aro rival. Pola súa banda, os locais parecían un pouco "nerviosos" e o acerto tampouco era excesivo, debido tamén á actividade defensiva dos arteixáns. Con este panorama o marcador móvese pouco a pouco e na metade do periodo é de 6-2, finalizando o periodo cun marcador baixo para o que acostuman ámbolos dous equipos (12-3)

No segundo periodo, os arteixáns seguen a traballar forte na defensa para deter os ataques locais e no ataque a anotación comeza a ser xa a habitual. Neste periodo móveuse ben o balón para atopar boas situacións de lanzamento e anotaron tres triplas. Aínda así, os locais anotaban tamén con fluidez e chegaban con 13 puntos de vantaxe no marcador (30-17)
Parecía que o partido xa se achegaba ó esperado, sobre todo no marcador, aínda que visto o xogo despregado e, sobre todo, o traballo dos nosos xogadores, parecía un pouco "inxusto"

Á volta do descanso, os locais saíron con máis forza e anotaban con moita facilidade. Aproveitaron cada erro dos arteixáns e semellaba que se distanciarían definitivamente. Pero non foi así. Os arteixáns sacaron o seu carácter, apretaron os dentes e xogaron con máis intensidade. Na defensa non conseguiron que os locais deixasen de anotar, a pesares do bo traballo realizado. Pero no ataque o movemento do balón e a busca das mellores opcións dan resultado e volveron a anotar tres triplas neste periodo, ademais de buscar a Juanlu dentro da zona visitante, da cal se fixo "dono" anotando 14 puntos neste periodo. Os arteixáns gañaron o parcial do periodo 24-25 (54-42)

No último periodo, os arteixáns non se renderon e, a pesar da diferenza no marcador, saíron a intentar remontar o marcador. Continuaron apretando na defensa e realizándoa correctamente, pero os locais teñen moitos recursos e continuaron anotando. No ataque o balón segue chegando a onde debe e indo a boas posicións de lanzamento (catro triplas neste periodo) e tamén chegando a dentro da zona, onde Juanlu continuaba a anotar (9 puntos). O equipo chega a situarse a 8 puntos, pero os locais repuxéronse e anotaron dúas triplas consecutivas que volveron a colocar o marcador por encima dos dez puntos, e dexiaron o resultado final (74-63)

Maristas Coruña
Pérez (2), Abelleira (28), Sánchez (7), Gómez (15), Cortés (0), Cardalda (12), Imbernón (10) e Deus (0)
Adestrador: Pablo Cayado

C.B. Arteixo
Darío (15), Juanlu (26), Jonathan (10), Javi (0), Leo (0), Antón (0), Miguel Díaz (12), Dani (0) e Jacobo (0)
Adestrador: Fran Lozano

Gran partido o disputado polos nosos juniors, intensidade e bo xogo, para pechar a tempada con moi bo sabor de boca. O balance da tempada é moi positivo. Na liga acadouse a sexta posición total cun balance de 8 victorias e 10 derrotas, e semifinalistas de copa cun balance de 2 victorias e 1 derrota, para finalizar cun balance total de 10 victorias e 11 derrotas.
Hai que recoñecerlle ós xogadores o seu traballo e boa disposición durante todo o ano, a pesares das dificultades que nos atopamos para poder adestrar ben e con regularidade. Tamén esperamos que a vindeira tempada continúen coas mesmas ganas para continuar a súa progresión e o seu aprendizaxe de cara ó futuro


No hay comentarios:

Publicar un comentario