Partido correspondente á 3ª xornada do Grupo E da Copa primavera infantil masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
51 - 45 (9-12 / 19-14 / 15-4 / 8-15)
Comezaba o partido cos dous equipos erráticos no ataque, pero coas vantaxes para os visitantes, quenes superaban no 1x1 ós arteixáns con facilidade, o que lles propiciaba lanzamentos sós á canastra. Pola súa banda, os locais xogaban a arreóns ofensivos. Sacaban vantaxes no 1x1 cando chegaban ó ataque e superaban a presión defensiva visitante (9-12)
O segundo periodo era moi bo no ataque para os arteixáns, quenes saían da presión visitante case sen problemas e xogaban 1x1 no ataque con moita intensidade. Pero a defensa seguía a ser mala, 1x1 que non se contiña e falta de axudas defensivas (algo que se realizou correctamente durante a tempada). Aínda cos erros defensivos, os arteixáns situábanse por diante no marcador ó descanso (28-26)
Á volta do descanso mudou a actitude defensiva dos arteixáns. Seguían a ser superados no 1x1, pero as axudas defensivas estaban ó nivel de anteriores partidos. Tamén se dominaba o rebote defensivo, o que propiciou que os visitantes só anotasen 4 puntos no periodo. No ataque seguía a xogarse con intensidade cara ó aro, conseguíndose varias accións de 2+1 consecutivas. Abriuse brecha no marcador, o que nos facía soñar co segundo posto na clasificación (43-30)
No último periodo, o cansanzo e as faltas persoais mermaron ó equipo, realizando malos ataques e sucumbindo pouco a pouco ante a presión defensiva visitante, que desta vez si que era efectiva. Chegouse ós tres minutos finais con +15 para os arteixáns, pero pouco a pouco os visitantes foron limando diferenzas ata o resultado final (51-45)
C.B. Arteixo
Gonzalo, Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo, Samuel e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
Con este partido remata a tempada oficial para o C.B. Arteixo. Unha tempada que se presentaba complicada por só contar o equipo con 5 efectivos, pero que co traballo diario de xogadores e adestradores, e coa axuda dos xogadores do equipo de minibasket foi unha espectacular tempada, chegando a competir en tódolos partidos da tempada e traballando en cada minuto de cada partido e cada adestramento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario