lunes, 11 de mayo de 2015

Junior masculino: Liceo La Paz 45 - 50 C.B. Arteixo

Partido correspondente á ida dos cuartos de final da Copa primavera junior masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón do Colexio Liceo La Paz de A Coruña.

45 - 50  (12-10 / 15-14 / 7-12 / 11-14)

Presumíase unha eliminatoria igualada, e o primeiro partido non parecía que fose a favorecer ós de Arteixo, que se presentaban ó partido coas baixas de Leo, Miguel Cruz e Juanlu. Completaban a convocatoria os cadetes Dani, Mario e Carlos.

O partido comezou cos arteixáns un pouco fríos, e os locais poñíanse por diante cun parcial de 8-2. Dúas triplas igualaron o marcador, que ó final do periodo sinalaba un 12-10 a favor dos locais.

No segundo periodo os arteixáns trataban de xogar rápido para que a defensa colexial non se puidese ubicar e así conseguir máis espazos para atacar. Os arteixáns sacaban proveito do xogo de Miguel Díaz dende cerca do aro e de Darío dende fóra, xa que tódolos puntos da primeira metade (agás dous de Mario) foron anotados por eles dous. Aínda con esto, a vantaxe seguía a ser local (27-24)

Comezou o terceiro periodo cos arteixáns moito máis activos e, con catro puntos consecutivos, poñíanse por diante no marcador por primeira vez no partido. A partir dese momento os intercambios no marcador foron continuos, pero os visitantes foron xogando cada vez con máis confianza e sentíndose mellor na pista. Ó final do periodo, dous puntos a favor dos arteixáns e con boas sensacións de equipo a pesar da igualdade no marcador (34-36)

O último periodo continuou polo mesmo camiño que o anterior. Os arteixáns buscando as vantaxes no ataque e traballando moi intensos na defensa. Continuaba a igualdade no marcador, pero sempre por diante os de Arteixo. Ó final, controlouse un pouco máis o xogo e chegouse ó final do partido con cinco puntos de vantaxe de cara ó partido de volta (45-50)

Liceo La Paz
Pardo (10), Santacruz (2), Salgueiro (10), Ramallo (0), Fresno (0), Quintáns (0), González (13), Pardo (2), C. Fernández (0) e P. Fernánez (8)
Adestrador: Álex Muíño

C.B. Arteixo
Darío (27), Jonathan (8), Javi (2), Dani (0), Antón (0), Miguel Díaz (11), Mario (2) e Carlos (0)
Adestrador: Fran Lozano


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o partido de volta da eliminatoria o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario