Partido correspondente á 1ª xornada do Grupo E da Copa primavera infantil masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
46 - 37 (13-12 / 10-8 / 14-13 / 9-4)
Iniciaba a Copa primavera o equipo infantil contra un equipo acostumado a disputar os seus partidos a tempo parado e cun nivel físico lixeiramente superior ó dos nosos. Aínda así, os arteixáns non se amilanaron e saíron en tromba, collendo as primeiras vantaxes do partido (9-2). Pero a partir dun tempo morto do equipo visitante, a claridade anterior no ataque volveuse nun continuo de erros no pase e de perdas de balón, que fixeron que os costeiros se metesen no partido ó final do periodo, pero sempre cos de Arteixo por diante no marcador (13-12)
No segundo periodo volveu a intensidade nas axudas defensivas e no rebote dos arteixáns, quenes non concedían case ningunha segunda oportunidade ós visitantes, os cales baseaban o seu xogo nos 1x1 chegando ó ataque. Pola súa banda, os arteixáns non estaban moi acertados de cara ó aro pero grazas ó xogo de pase, distanciábanse no marcador, aínda que non con vantaxes superiores ós 5 puntos. Unha perda de balón local e unha canastra tras tempo morto dos visitantes, deixaron o marcador en tres puntos e todo por decidir na segunda metade (23-20)
Á volta do descanso, os arteixáns saíron despistados. Cometendo moitos erros na saída do balón e abusando do bote para sobrepasar o medio campo. Desto aproveitáronse os da costa para darlle a volta ó marcador mediado o periodo (35-38). Tempo morto local e comezaron a tomarse mellores decisións no pase, as cales nos permitiron situarnos de novo por diante no marcador con vantaxes superiores ós 6 puntos, pero de novo unha serie de despistes deixaron o marcador en catro puntos ó finalizar o periodo (37-33)
O último periodo foi dominado polos arteixáns dende a súa defensa de axudas e o rebote defensivo. No ataque non estaban acertados, pero conseguiron aumentar pouco a pouco a vantaxe ata superar os dez puntos case ó final do periodo, que se viron reducidos ós nove finais tras unha canastra do equipo visitante.
Gran partido de tódolos xogadores arteixáns, aportando nos dous lados da pista. Destacar o repartidos que estiveron os puntos anotados polo equipo e o debut dun novo xogador do equipo de minibasket, esta vez foi Ángel.
Antes de comezar o partido gardouse un minuto de silencio debido ó falecemento do fillo dun ex-adestrador do ACB Costa da Morte. Dende o club queremos dar as condolencias e enviar unha mensaxe de ánimo a Ramón Trillo.
C.B. Arteixo
Gonzalo, Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo, Ángel, Samuel e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o segundo partido do grupo da Copa primavera ante o EBX Xiria en día, lugar e hora por determinar
No hay comentarios:
Publicar un comentario