miércoles, 18 de marzo de 2015

Senior 4ª división: Filloa Jazz 67 - 68 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 16ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón de Novo Mesoiro de A Coruña

67 - 68  (19-14 / 20-22 / 13-20 / 15-12)

Mal inicio de partido dos arteixáns, onde o equipo local anotaba con facilidade dende dentro e dende fóra. O ritmo alto de partido que en principio parecía favorable ós de Arteixo, volveuse na súa contra. Mentres que os arteixáns se precipitaban, os locais aproveitaban as súas oportunidades (19-14)

No segundo periodo o acerto dos arteixáns aumentou expoñencialmente, pero os problemas para aguantar ós rivais no 1x1 continuaban (39-36)

O terceiro periodo volveu a ser determinante unha vez máis. Un ataque que continuaba moi acertado conxugouse nesta ocasión cunha boa defensa, que levou ós arteixáns a colocarse por diante no marcador (52-56)

No último periodo, os arteixáns tiveron ata catro opcións de romper o partido de xeito definitivo, pero cometeron erros imperdoables e o veterano equipo local meteuse no partido. Por sorte, ó final saiu cara e os de Arteixo leváronse a victoria (67-68)

C.B. Arteixo
Jose (0), Darío (14), Juanlu (11), Pablo (5), Eloy (0), Manuel (5), Fabián (14), Víctor (6), Arkatiz (6), Dylan (0), Adrián (4) e Daniel (3)
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará (salvo cambio de última hora) o seu partido ante Calasanz o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario