Partido correspondente á 15ª xornda da 4ª división senior masculino, disputado o sábado ás 16:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
45 - 60 (6-17 / 13-10 / 21-13 / 5-20)
Mal inicio de partido dos arteixáns co desacerto habitual en ataque. Ademais, o traballo defensivo tampouco acompañaba e os visitantes anotaban con facilidade (6-17)
No segundo periodo cambiou un pouco o panorama, e os locais axustaron a súa defensa e o acerto no ataque aumentou un pouco, o que fixo qeu se chegase ó descanso metidos de cheo no partido (19-27)
A volta do descanso trouxo novamente os mellores momentos dos arteixáns. Cunha forte defensa e un gran xogo no ataque, cun ritmo vertixinoso de xogo conseguían chegar ó último periodo co marcador empatado (40-40)
Sen embargo, no último periodo o equipo apagou a luz do ataque e os de A Laracha foron aumentando a diferenza ante a desesperación dos locais, que viron moi preto o poder dar unha gran sorpresa (45-60)
C.B. Arteixo
Jose (4), Darío (13), Pablo (8), Eloy (3), Manuel (6), Fabián (6), Víctor (3), Arkaitz (2), Adrián (0) e Daniel (0)
Adestrador: Iván García
C.B. Laracha
Abel (9), Germán, Esmorís (2), Miguel, André (5), Cotelo, Jota (5), Carlos (6), Lucas (2), Diego (4), Brais (15), Collazo (12)
Adestrador: Alberto García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Filloa Jazz o domingo ás 12:00 horas no Pavillón de Mesoiro de A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario