miércoles, 11 de marzo de 2015

Cadete masculino: C.B. Arteixo 39 - 73 Basquet Coruña 00

Partido correspondente á 15ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

39 - 73  (9-20 / 13-16 / 11-20 / 6-17)

Bo inicio no aspecto ofensivo por parte dos arteixáns, que se ben atopaban boas opcións, non sempre as aproveitaban convintemente. A defensa (moi floxa durante boa parte do encontro) comezou moi relaxada e os coruñeses martilleaban unha e outra vez o aro local (9-20)

No segundo periodo igualáronse bastante as cousas, a defensa era máis dura o que permitía algún contraataque por parte dos arteixáns (24-36)

A segunda metade mostrou a peor cara dos xogadores arteixáns. Desapareceron totalmente do partido sen o espíritu combativo dos últimos partidos, facendo o partido demasiado sinxelo para os visitantes (39-73)

C.B. Arteixo
Fabio, Saúl, Fran, Daniel, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, Jose e Carlos
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o seu partido contra Mercedarias o sábado ás 12:00 horas no Pavillón do Colexio Mercedarias de Ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario