viernes, 6 de marzo de 2015

Promoción do baloncesto nos colexios de Arteixo: CEIP San Xosé Obreiro de Meicende

Na mañá de hoxe venres, o noso adestrador Germán Lozano acuidiu ó CEIP San Xosé Obreiro de Meicende para impartir unhas sesións de baloncesto dentro das clases de Educación Física.

Na xornada de hoxe, foron os alumnos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria os que disfrutaron dunha sesión de xogos relacionados co baloncesto.

A experiencia foi gratificante tanto para o adestrador como para os alumnos dos diferentes cursos, quenes disfrutaron dos xogos e do baloncesto.

En breves comezará unha actividade de promoción do baloncesto no centro, que se impartirá os mércores e os venres en horario de 15 a 16 horas no Pavillón do CEIP á cal están invitados a formar parte dela tódolos nenos e nenas do CEIP San Xosé Obreiro que o desexen.

Dende o club queremos agradecer a colaboración e as facilidades postas tanto polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Arteixo como por parte da Dirección e o Departamento de Educación Física do CEIP San Xosé Obreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario