viernes, 6 de marzo de 2015

Cadete masculino: Santa María del Mar 57 - 38 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª división cadete masculino, disputado o sábado ás 12:00 horas no Pavillón do Colexio Santa María del Mar de A Coruña.

57 - 38  (13-6 / 14-12 / 17-10 / 13-10)

Comezaba o partido con moito desacerto por parte dos arteixáns, que se apoiaban nunha boa defensa para agarrarse ó partido (13-6)

No segundo periodo, as cousas axustáronse bastante máis e o acerto no ataque do equipo visitante mellorou un pouco. Sen embargo o problema máis importante estaba en que o equipo colexial non deixaba correr ós de Arteixo, que se vían abocados a xogar continuamente en 5x5 (27-18)

Á volta do descanso apareceron os mellores minutos dos colexiais, que comezaron a acertar dende a liña de 6,75 e chegaron a acadar a máxima diferenza do partido ata ese momento (44-28)

Aínda que o partido parecía decidido no último periodo, os arteixáns nunca se deron por vencidos e pelexaron tódolos balóns ata o último segundo do partido (57-38)

C.B. Arteixo
Aimán, Fabio, Saúl, Fran, Daniel, Zas, Jacobo, Mario, Hugo, Jose e Carlos
Adestrador: Iván García


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo enfrontarase ó Basquet Coruña 00 ás 18:00 horas do sábado no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario