martes, 10 de marzo de 2015

Junior masculino: C.B. Arteixo 33 - 56 Basquet Coruña 98

Partido correspondente á 3ª xornada do grupo A2 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

33 - 56  (7-9 / 7-15 / 10-14 / 9-18)

Como ben sendo costume, comezou o partido cos arteixáns fóra del mentalmente. Aínda que esta vez foi só no ataque. A defense era correcta, pero o ataque vía ós xogadores sen ideas, sen movemento de balón, o que provocaba que os visitantes se marchasen no marcador cun parcial preocupante de 1-9. Os arteixáns comezaron a atacar con máis velocidade o aro, pero os erros no lanzamento non deixaron que se anotara con regularidade. Aínda con esto, recortouse a distancia ata un 7-9 bastante pobre ó final do periodo

No segundo periodo máis do mesmo. Os arteixáns negados no ataque, erro tras erro, e os visitantes volven a distanciarse no marcador. O dominio do xogo é visitante, quen controla o rebote en ámbolos dous aros e impide que os arteixáns poidan achegarse á canastra mediante unha defensa moi pechada (14-24)

Á volta do descanso, igualouse o partido en canto a xogo. Os arteixáns traballaban ben na defensa, pero seguían a estar negados de cara ó ataque. Aínda con todo esto, os visitantes só aumentaron a súa vantaxe en 4 puntos máis (24-38)

No último periodo viuse como os visitantes movían ben o balón contra a defensa local, acadando boas posicións de lanzamento que si que acababan en canastra (4 triplas) que disparaban a vantaxe no marcador ata a máxima ó final do partido (33-56)

C.B. Arteixo
Miguelín (5), Darío (19), Juanlu (4), Jonathan (4), Javi (0), Leo (1), Antón (0), Jose (0), Mario (0) e Carlos (0)
Adestrador: Fran Lozano

Basquet Coruña 98
Pérez (2), Bazarra (7), Rey (10), Ríos (11), Sánchez (11), García (3), Fernández (8) e Hernández (4)
Adestrador: M. Piñeiro


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo non disputará xornada ó aprazarse o partido contra Liceo La Paz para o día 19 de marzo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario