martes, 10 de marzo de 2015

Infantil masculino: Santa María del Mar 25 - 27 C.B. Arteixo

Partido correpondente á 4ª xornada do grupo A2 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pavillón Elviña 2 de A Coruña.

25 - 27  (5-9 / 10-5 / 4-7 / 6-6)

Partido moi igualado para os nosos, que por primeira vez na tempada se resolve con victoria.

Comezaron os arteixáns ben na defensa, reboteando e contendo os 1x1 dos xogadores contrarios. Sen embargo, no ataque non se pasaba o balón e se abusaba do bote, non conseguindo chegar a situacións de lanzamento e perdendo numerosos balóns. Pouco a pouco foise corrixindo e mediante o xogo con pases foise anotando con comodidade (5-9)

No segundo periodo, volveuse a abusar do bote e comezouse a non defender correctamente, intentando roubar o balón no bote e arriscando demasiado nas liñas de pase. Esto unido ás perdas de balón, propiciou que os colexiais se puxesen por diante no marcador ó descanso (15-14)

Á volta do descanso, a defensa dos arteixáns mellorou bastante. Contíñanse os 1x1 e non se permitía anotar nos cortes ós rivais. No ataque, xogando dende o pase, creábanse situacións de superioridade aínda que non era moito o acerto no lanzamento. Grazas a este xogo, conseguiuse chegar por diante no marcador ó último periodo (19-21)

O último periodo foi moi igualado, anque os arteixáns conseguiron chegar ós dous últimos minutos con 6 puntos de vantaxe no marcador grazas á súa defensa e ó control do rebote defensivo. Nestes dous últimos minutos, os arteixáns puxéronse nerviosos e perderon moitos balóns, os cales lle deron a opción ós colexiais de ir recortando as distancias. Despois de varias boas defensas, os arteixáns perdían inmediatamente o balón no bote e no pase, dando oportunidade ós colexiais de empatar o encontro, pero os seus lanzamentos non conseguiron entrar na canastra, levándose os arteixáns a victoria (25-27)

C.B. Arteixo
Gonzalo, Manu, Raúl, Zeus, Simón, Elías, Enzo e Iago
Adestradores: Germán Lozano e Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo ten xornada de descanso ó atoparse nun grupo de equipos impar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario