Partido correspondente á 8ª xornada da 4ª división senior masculino, disputado o sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de A Laracha.
49 - 35 (12-9 / 14-8 / 18-4 / 5-14)
Partido marcado por dous factores fundamentais:
1- a 5 minutos de comezar o partido o equipo arteixán contaba con 6 xogadores na pista dunha plantilla de 12
2- o estado lamentable da instalación, máis parecida a unha pista de xeo que a unha de baloncesto
Así con todas estas cousas, tamén cabe destacar que o C.B. Arteixo xogou o seu peor partido de longo ata a data. O ataque foi totalmente estático, sen movemento do balón. A defensa, máis que aceptable, foi a que permitiu ós visitantes estar no partido ata o terceiro periodo, onde un tirón do C.B. Laracha deixou o partido practicamente finiquitado.
Destacar tamén qeu nons tres primeiros periodos tódolos resbalóns perxudicaron ós arteixáns e no último se concentraron en contra dos de A Laracha. Así como un arbitraxe moi favorable, no que os locais non podían achegarse ós arteixáns porque eran penalizados con falta
C.B. Arteixo
Manu (9), Daniel (2), Eloy (2), Pablo (6), Fabián (2),Jose (6), Cotelo (4), Diego (4) e Adrián (0)
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana non haberá competición debido á Ponte da Constitución. A competición reanudarase o vindeiro 13 de decembro ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo contra Filloa Jazz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario