martes, 2 de diciembre de 2014

Senior 2ª división: C.B. Sarria 51 - 61 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 5ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 18:00 horas no Pavillón do Novo Chanto de Sarria.

51 61  (18-9 / 18-12 / 9-19 / 6-21)

Visitaban os arteixáns a un dos colistas da competición, no que se podía prever un partido levadeiro para os arteixáns, pero nada máis lonxe da realidade. Viaxábase coas baixas de Rober, Ramón e Jesús que, aínda que acudiron ó partido e fixeron o quecemento, non foi necesaria a súa participación no encontro.

Saíron os locais con moita intensidade tanto na defensa como no ataque e aproveitáronse máis da permisividade arbitral que os arteixáns, que só se preocupaban do arbitraxe en lugar do xogo. Así cun 18-3 comezou o partido, e só unha canastra de Gaby e unha tripla de Antelo fixeron que o marcador se maquillase un pouco (18-9)

No segundo periodo a tónica foi parecida, pouca intensidade dos arteixáns na defensa e frouxos no ataque que permitía anotar unha e outra vez ós locais (5 triplas na primeira metade). Ó descanso o partido parecía roto a favor dos locais con 15 puntos de vantaxe (36-21)

Á volta do descanso, como en tódolos partidos anteriores, os arteixáns puxéronse as pilas e dedicáronse a xogar ó baloncesto. Aumentou a intensidade na defensa e a agresividade nos 1x1 no ataque, a maiores da circulación do balón. Tamén axudou o dominio do rebote defensivo. Co paso dos minutos, os arteixáns foron recortando diferenzas para rematar o periodo con 5 puntos de desvantaxe (45-40)

No último periodo consumouse a remontada arteixán, pero sufriuse para poñerse por diante no marcador, cousa que non chegou ata que quedaban 4 minutos de partido. A partir de aí, o ánimo e o ímpetu dos locais descendeu e os arteixáns ampliaron a vantaxe ata os 10 puntos que reflexaba o marcador ó final do partido (51-61)

Hai que destacar a capacidade de reacción do equipo como anécdota positiva, pero hai que traballar moito nos inicios de partido, que fan que vaiamos a remolque no marcador, sendo unha losa difícil de levantar conforme pasan as xornadas

C.B. Sarria
Castro (0), Fernández (2), García (14), Goyanes (6), A. López (10), Pombo (0), Calles (6), Torres (2), J. López (11) e Balboa (0)
Adestrador: M.C. Ortega

C.B. Arteixo
Ocampos (20), Antelo (20), Guille (0), Gaby (6), Iago (10), Rober (-), Ramón (-), Xoel (0), Jesús (-), Luis (3), Andrés (4)
Adestrador: Germán Lozano


A vindeira fin de semana non haberá xornada por ser a Ponte da Constitución, polo que a competición se reanudará o domingo 14 de decembro ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes contra Eume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario