Partido correspondente á ida dos oitavos de final da Copa Primavera infantil masculino, disputado o xoves ás 17:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.
50 -40 (9-10 / 10-9 / 17-8 / 14-13)
Primeira metade do partido moi igualada, os xogadores de Arteixo non atopaban o seu lugar na pista despois de mes e medio sen competir.
O ritmo do partido era controlado por todo momento polo equipo visitante, que quería que o xogo se desenvolvese no 5x5.
A segunda metade, sen embargo, foi un pouco diferente. Tras unha saída desastrosa por parte dos arteixáns, que encaixaron un parcial de 4-0, todo cambiou e o marcador no resto do periodo foi de 17-4.
No último periodo, volveron a igualarse as cousas, e incluso Maristas chegou a situarse a 4 puntos, pero un esforzo final dos arteixáns deixou a diferenza en 10 puntos.
Esta fin de semana toca rematar a faena para conseguir o premio de seguir na competición e que non se termine a tempada.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Samuel, Fabio, Saúl, Raúl, Fran, Simón, Elías, Hugo, Jacobo e Daniel.
Adestrador Iván García
Por parte de Maristas Champagnat xogaron Ramos, Fernández, Núñez, Sánchez, Domínguez, Seoane, Gómez, Hoyos, Huyas e Baixeras
Adestrador: Jorge
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o partido de volta da eliminatoria o sábado ás 10:00 horas no Pavillón do Colexio Maristas de A Coruña
No hay comentarios:
Publicar un comentario