martes, 1 de abril de 2014

Junior: C.B. Arteixo 66 - 59 Ferrol C.B.

Partido correspondente á 8ª xornada do Grupo A-3 da 2ª división junior masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

66 - 59  (10-11 / 13-15 / 22-15 / 21-18)

Comezaba o partido sen un dominador claro, pero sempre con pequenas vantaxes para os ferroláns. Os de Arteixo estaban fallóns no ataque e non conseguían axustar ben a súa defensa a toda pista, facilitando canastras fáciles ós visitantes.

Os visitantes estaban erráticos no lanzamento exterior, pero aproveitaban os 1x1 dende o exterior no primeiro periodo e a superioridade de Rodeiro no poste baixo (13 puntos) para marchar con vantaxe ó descanso (23-26)

Á volta do descanso, as cousas cambiaron. Os de Arteixo axustaron ben a súa defensa a toda pista, provocando perdas de balón nos ferroláns, que pouco a pouco vían como os arteixáns se poñían por diante no marcador. A maiores da boa defensa, os 1x1 no ataque provocaban situacións de superioridade que foron finalizados en canastra. Os visitantes seguían basando o seu ataque en Rodeiro para evitar que os locais se escapasen no marcador (45-41)

No último periodo continuou a tónica do terceiro, pero desta vez os arteixáns conseguían situarse cunha vantaxe de 11 puntos a falta de 4 minutos para rematar o partido. A partir dese momento, os locais apretaron máis a defensa e controlaron o rebote defensivo para conseguir levarse unha nova victoria (sexta consecutiva) por 66-59, a pesar do gran traballo de Rodeiro (autor de 31 puntos e un pesadelo para a defensa local).

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (12), Natahel (2), Diego Felípez (0), Miguel (4), Leo (0), Edu (17), Eloy (0), Diego Pérez (13), Jacobo, (0) e Fabián (18)
Adestrador: Germán Lozano

Por parte do Ferrol C.B. xogaron Tajuelo (0), Leira (2), Aller (9), Cebral (7), Muíños (2), Sixto (4), Dopico (0), Rodeiro (31), Maíz (4), Castro (0) e Sánchez (0)
Adestrador: Javier Uría


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá o domingo ó BCA 97 ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario