Partido correspondente á 5ª xornada do Grupo A-3 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
33 - 51 (11-22 / 6-8 / 5-15 / 11-6)
Presentábanse os de Arteixo na súa pista co obxectivo de mellorar o papel realizado en Ferrol 15 días ante, e o primeiro periodo (como xa comeza a ser habitual) non presaxiaba nada bo. Os de Ferrol xogaban coa intensidade que se esperaba: rápidos contraataques, mentres que os locais estaban excesivamente tímidos...
Por sorte, no segundo periodo todo cambiou. Os de Arteixo axustaron a súa defensa e mostráronse máis agresivos no 1x1, e xa non só os visitantes non realizaban contraataques, senón que o partido converteuse nun toma e daca.
O resto do partido transcorreu polos mesmos derroteiros. Lástima que a vantaxe do primeiro periodo resultase insalvable para os nosos.
Hai que lamentar a lesión de Raúl no seu tobillo dereito mentres que realizaba unha acción de cara á canastra. Esperemos que se recupere pronto.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Samuel, Fabio, Saúl, Raúl, Simón, Fran, Jacobo, Hugo e Dani.
Adestrador: Iván García
Así finaliza a competición do Grupo A-3 para os nosos infantiles, cun balance de 2 victorias e 2 derrotas.
Agora estarán á espera de que comece a Copa Primavera Infantil Masculino, que previsiblemente comezará despois de Semana Santa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario