martes, 29 de abril de 2014

Cadete: C.B. Arteixo 49 - 53 Compañía de María

Partido correspondente á terceira xornada do Grupo D da Copa Primavera cadete masculino, disputado o domingo ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

(Imposible coñecer os parciais por ilexibilidade do acta)

Comezou o partidto cunha boa defensa por parte de ámbolos dous equipos e uns ataques que conseguían superar a defensa con moito traballo. Os visitantes basaban o seu xogo nunha defensa zonal e na súa vantaxe no xogo interior, o que lles permitía conseguir as primeiras vantaxes no marcador.

No segundo periodo, o nivel de anotación dos equipos descendeu, provocando que o marcador se igualase. Os dous equipos seguían a tratar de impoñer o seu xogo: contraataques e xogo exterior por parte dos de Arteixo e un xogo lento basado no poderío interior por parte de Compañía.

Á volta do descanso, ós locais seguía a costarlle superar a defensa zonal, a cal cada vez era máis pechada debido ó pouco acerto exterior dos arteixáns, o que impedía que as penetracións e os 1x1 non finalizasen con moito acerto. Aínda así, os locais conseguiron poñerse por diante, pero non por moito tempo.

No último periodo mantívose a igualdade, cos arteixáns por diante no marcador. A falta de dous minutos, unha canastra fácil dos visitantes e unha tripla os volveron a situar con vantaxe no marcador, dianteira que xa non abandonarían ata o final do partido aínda que os locais non deixaron de pelexar pola victoria (49-53)

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel, Aimán, Jonathan, Javi, Adrián Vázquez, Antón, Adrián Zas, Mario, José, Carlos, Adrián Ponte e Víctor
Adestrador: Arkaitz Collazo


A vindeira fin de semana non haberá competición. O seguinte partido disputarase contra A.D.F.R.O. previsiblemente o sábado 10 de maio ás 12:00 horas no Pavillón de Cocheras de A Coruña

No hay comentarios:

Publicar un comentario