Partido correspondente á ida da Fase de Clasificación 17º e 18º da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
69 - 55 (16-15 / 16-10 / 21-17 / 16-13)
Comezaba o partido cos dous equipos tanteándose, sen impoñer o seu xogo nin anotar con asiduidade. Mediado o periodo, os locais insentaron un parcial que os poñía con 7 puntos de vantaxe (16-9), pero un arreón final dos visitarntes deixou o marcador igualado ó final do periodo (16-15)
No segundo periodo, os arteixáns atopáronse máis cómodos na pista e basándose no xogo interior de Rober comezaron a obter as primeiras vantaxes, pero nunca máis aló dos 10 puntos. Os visitantes basaban o seu xogo nas vantaxes creadas por Marzoa no 1x1 exterior. Ó descanso o marcador sinalaba unha vantaxe local de 7 puntos (32-25)
No terceiro periodo, os visitantes optaron por unha defensa zonal para intentar parar a anotación dos arteixáns. Nos primeiros minutos o conseguiron e igualaron a diferenza no marcador, pero tres triplas e a circulación de balón dos arteixáns fixeron que a diferenza ó final do periodo estivese por encima dos 10 puntos (53-42)
No último periodo, os arteixáns mantiveron a súa vantaxe grazas ó acerto dende a liña de 6,75. Cinco triplas e un tiro libre foi a anotación local neste periodo. Os visitantes trataron de meterse no partido, pero non foron capaces de contrarrestar a ofensiva local. Finalizou o partido con 14 puntos de diferenza a favor dos de Arteixo (69-55).
Hai que destacar o debut co equipo de Diego Pérez, xogador do equipo junior, que xogou os 3 últimos minutos do partido.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Rober Garnelo (13), Darío (3), Alex Ocampos (5), Alex Antelo (14), Guille Conchado (18), Guille Vilanova (6), Manu (3), Ramón (5), Diego (0) e Fabián (2)
Adestrador: Fran Lozano
Por parte do Baiona Torvigo xogaron Conde (12), Barreiro (7), Giráldez (0), Goce (11), Santeiro (7), Leyenda (2) e Marzoa (16)
Adestrador: X.M. Leyenda
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo disputará o partido de volta o sábado ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Baiona
No hay comentarios:
Publicar un comentario