lunes, 17 de marzo de 2014

Senior 4ª división: C.B. Arteixo 59 -52 C.B. Laracha

Partido correspondente á 5ª xornada do Grupo A-3 da 4ª división masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

59 - 52  (14-9 / 16-13 / 9-18 / 20-12)

Comezaron dubitativos os arteixáns, que se mostraban despistados no balance defensivo (tónica que se repetiría durante bastantes momentos do partido) e propiciaban as primeiras vantaxes para os visitantes. Pero tres contraataques seguidos  de Víctor e Manu, puxeron ós locais por diante, chegando ó final do periodo con 5 puntos de vantaxe (14-9)

No segundo periodo, os de Arteixo dominaban o rebote defensivo e plantexaban unha defensa zonal contra a que se atascarían os xogadores de Alberto García. No ataque conseguían situacións de lanzamento exterior e a media distancia, que aproveitaban para seguir mandando no marcador ó descanso (30-22)

Á volta do descanso, páxara monumental dos locais, que se atascaron ante a zona dos de A Laracha estando 5 minutos sen anotar. O ataque era malo xa que non se metía ningún balón interior e na defensa víanse superados pola circulación de balón visitante. Pero mediado o periodo, e cos laracheses por diante no marcador, unha tripla de Dany fixo que os locais espertasen e volvesen a mostrar a intensidade da primeira metade. Aínda que se seguía sen circular ben o balón, unha serie de tiros libres e penetracións locais deixaban o marcador igualado e con todo por decidir no último periodo (39-40)

No último periodo reinou a igualdade ata a metade do periodo, cando os locais se situaron con 5 puntos de vantaxe grazas á boa circulación do balón para finalizar as accións preto do aro. Nos últimos dous minutos, os visitantes trataron de remontar enviando ós locais á liña de tiros libres, onde certificaron a victoria por 59-52

Bo partido a nivel de intensidade (excepto os 5 minutos iniciais do terceiro periodo) e a nivel de xogo (aínda que con lagoas por momentos e moitos erros no pase).

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Miguel (0), Cotelo (2), Juan (8), Manu (8), Pavo (9), Víctor (12), Arkaitz (10), Pablo (0) e Dany (10)
Adestrador: Germán Lozano

Por parte do C.B. Laracha xogaron Martínez (11), J. Graña (9), Brandón (10), García (0), Peña (2), L. Graña (2), Vázquez (15), Cancela (3) e Castillo (0)
Adestrador: Alberto García


Con este partido o C.B. Arteixo finaliza a primeira volta da 2ª fase da liga cun balance de 2-2. A vindeira semana, iniciará a segunda volta contra Vintage 67 o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario