Partido correspondente á 5ª xornada do grupo A-3 da 2ª división masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón de Meicende
51 - 24 (18-4 / 8-5 / 18-3 / 7-12)
Comezaron dominando os de Arteixo, con saídas rápidas ó contraataque e aproveitando os despistes na defensa dos visitantes. Na defensa saían intensos e dominaban o rebote defensivo, chegando ó final do periodo cun 18-4 no marcador.
No segundo periodo, o nivel de acerto de cara ó aro ante a zona visitante foi moi baixo, xa que non se estaban moi intensos nas finalizacións preto do aro. A defensa seguía a ser boa e o dominio do rebote defensivo seguía a ser local. Chegouse ó descanso cun 26-9 no marcador.
Á volta do descanso os de Arteixo saíron cunha intensidade nula, o que provocou varias situacións de lanzamento sós para os visitantes. Despois dunha chamada de atención, reaccionaron e volveron á intensidade do primeiro periodo (só deixaron anotar dende o tiro libre ós visitantes) e marcháronse no marcador para deixar o partido visto para sentencia ó finalizar o periodo (44-12)
O último periodo foi pésimo para os arteixáns. A intensidade defensiva brillaba pola súa ausencia e a toma de decisións e o acerto de cara ó aro non eran bos. Os visitantes aproveitaron para anotar con faclidade ó contraataque varias accións, o que lles fixo levarse o último parcial (7-12) e deixar o marcador no 51-24 final.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Darío (9), Natahel (8), Juanlu (5), Miguel (4), Leo (4), Iván (0), Edu (12), Eloy (1), Diego Pérez (6), Jacobo (1) e Fabián (1)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do Fogar de Santa Margarida xogaron Fitzpatrick (1), Varas (3), Sánchez (12), Insua (0), Rama (8) e García (0)
Adestrador: Jose Ángel Lista
Finaliza a primeira volta desta segunda fase cos de Arteixo invictos (4-0). A vindeira fin de semana recibirán ó BCA 96 o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo
No hay comentarios:
Publicar un comentario