Partido correspondente á 17ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón de Meicende.
56 - 55 (15-17 / 11-12 / 12-9 / 11-11 / 7-6)
Importantísima victoria a conseguida o domingo polos xogadores de Fran Lozano diante do C.B. Celtas de Foz, xa que fai que saian dos postos de descenso directo e deixa ós de Foz por debaixo na clasificación e co average a favor dos de Arteixo.
Comezaba o partido ben para os locais, cun parcial de 5-0, pero pronto se igualaría o marcador e xa non se despegaría ningún dos dous equipos, manténdose o marcador igualado durante todo o partido. Os visitantes propoñían un partido pechando a súa zona e permitindo o lanzamento exterior e aproveitando a súa superioridade no rebote e, no ataque, basábanse en Suárez, autor de 26 puntos. Tres triplas dos locais neste periodo deixaban un marcador 15-17 para os visitantes.
No segundo periodo, máis do mesmo, pero nesta ocasión os lanzamentos exteriores en boa posición non entraban. Aínda así, o partido mantíñase igualado, pero con lixeiras vantaxes dos de Foz, cun marcador bastante baixo. Ó descanso chegábase con 3 puntos de vantaxe para os de Pablo Castro (26-29)
Á volta do descanso, os locais endosan un parcial de 5-0 que os sitúa por diante no marcador. Pero o partido segue polo mesmo camiño, igualdade e pouca anotación. Os locais tiñan un case nulo acerto dende a liña de tres puntos e os de Foz dominaban o rebote e pechados ante a falta de acerto local. Aínda así, os de Arteixo recuperaban a desvantaxe do descanso, empatando ó final do periodo a 38.
No último periodo, todo segue igual. Pouca anotación por parte dos dous equipos, numerosos erros dos que os visitantes sacan partido chegando ó último minuto con 4 puntos de vantaxe que parecían definitivos. Pero dúas triplas nese último minuto dos locais, unha delas e Manu sobre a bocina, levan o partido á prórroga (49-49)
No tempo extra, os locais empezaron cunha boa defensa e unha tripla no primeiro ataque, pero os de Foz, cun parcial de 4-0, volven a colocarse por diante. A importancia do partido leva ós dous equipos a cometer erros consecutivos e volve a chegarse ó último minuto cun punto de vantaxe para os de Foz. No último ataque, unha boa circulación de balón contra a zona, deixa a Rober nunha boa posición de lanzamento, sólo, a 6 metros do aro para lanzar a notar sobre a bocina para gañar o partido por 56-55.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Alex Ocampos (9), Alex Antelo (17), Guille Conchado (9), Manu (9), Rober (4), David (4), Ramón (4), Manu Rey (-) e Fabián (0)
Adestrador: Fran Lozano
Por parte do C.B. Celtas xogaron Sánchez (0), Fraga (8), Rodríguez (0), Vizoso (0), Paz (8), Suárez (26), Vásquez (10) e Fernández (3)
Adestrador: Pablo Castro
A vindeira fin de semana o C.B. Arteixo visitará ó líder invicto Peleteiro o sábado ás 18:00 horas no Pavillón do Colexio Peleteiro de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario