martes, 11 de marzo de 2014

Senior 2ª división: Baloncesto Peleteiro 86 - 55 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 19ª xornada da 2ª división senior masculino, disputado o sábado ás 18:00 horas no Pavillón do Colexio Peleteiro de Santiago

86 - 55  (17-16 / 22-16 / 22-16 / 25-7)

Dolorosa derrota, aínda que fose contra o líder invicto da competeción, por 31 puntos de diferenza, producida nunha segunda metade na que os locais estiveron incriblemente acertados no lanzamento exterior.

Comezou o partido mal para os de Arteixo, os locais dominaban o partido comodamente por 10-0 no minuto 4, pero dúas recuperacións de balón de Manu con dúas canastras fáciles, volveron a meter ós visitantes no partido. A partires de aí, igualouse o xogo e o marcador, chegando ó final do periodo cun 17-16 no marcador.

No segundo periodo danse os mellores momentos dos arteixáns, que se poñen por diante no marcador, mantendo o pulso dos locais durante todo o periodo, chegando ó descanso cunha desvantaxe "asumible" de 7 puntos (39-32)

Despois do descanso o partido mantívose en distancias que rondan os 10 puntos a favor dos xogadores de Fran Varela, pero pouco tardou en comezar a exhibición de David Pazo en ataque. Neste periodo anotou 16 dos 22 puntos do seu equipo. A diferenza ó final do periodo quedou en 13 puntos a favor dos locais.

No último periodo, os de Arteixo baixaron o rendemento na defensa e no ataque, anotando só 7 puntos fronte ós 25 dos locais. Moitas perdas de balón no ataque e a concesión de lanzamentos cómodos na defensa, deron como resultado que a distancia no marcador fose en aumento paulatino da diferenza ata os 31 puntos finais (86-55)

Por parte do Baloncesto Peleteiro xogaron Pazo (22), Vicario (20), Mariño (7), Quintela (0), Raviña (10), Vieitez (4), Estévez (13), Soriano (6) e Pernas (4)
Adestrador: Fran Varela

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Rober Garnelo (1), Alex Ocampos (3), Alex Antelo (9), Guille Conchado (16), Guille Vilanova (3), Manu (12), Rober Vilariño (8), Ramón (2) e Fabián (0)
Adestrador: Fran Lozano


A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Instituto Rosalía o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

No hay comentarios:

Publicar un comentario