Partido correspondente á 2ª xornada do Grupo A-3 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Universitario de Esteiro de Ferrol
75 - 39 (16-13 / 16-4 / 25-12 / 18-10)
Bo partido o ofrecido polos xogadores de Arteixo no plano ofensivo, cunha riqueza de accións descoñecidas ata a data.
Sen embargo os xogadores do equipo visitante non ofreceron a mesma cara en aspectos defensivos, de tal modo que o partido permaneceu igualado mentres que se mantivo o acerto en ataque. En canto o acerto desapareceu, o equipo departamental escapouse no marcador.
É certo que hai que destacar unha importante superioridade física por parte do equipo ferrolán, algo que vimos arrastrando toda a tempada. Se ben a mellora en tódolos aspectos do xogo é notable, é importante destacar sobre todo a loita do equipo durante os 40 minutos, independentemente do resultado.
Toca seguir traballando para poder darlle un susto ó Ferrol C.B. no partido de volta.
Por parte do Ferrol C.B. xogaron Castro, Pita, Cabaleiro, Díaz, R. González, Pico, Miranda, Fernández, T. González, Oliva e Cebral
Adestrador: Roberto Rivera
Por parte do C.B. Arteixo xogaron Saúl, Raúl, Simón, Jacobo, Hugo, Dani e Fran
Adestrador: Iván García
A vindeira fin de semana, o C.B. Arteixo terá xornada de descanso, polo que volverá á competición a fin de semana do 22 e 23 de mazo contra o ACB Costa da Morte en día, lugar e hora por confirmar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario