martes, 25 de febrero de 2014

Preminibasket: Compañía de María B 42 - 38 C.B. Arteixo

Partido correspondente á 10ª xornada da liga Preminibasket disputado o sábado ás 18:00 horas no Pavillón Agra II de A Coruña

42 - 38  (14-4 / 8-4 / 8-6 / 6-6 / 4-3 / 2-16)

Comezou o partido moi intenso por parte dos xogadores de Compañía e xunto co pouco acerto cara á canastra e os despistes defensivos dos de Arteixo, facendo que se distanciasen no marcador.

No segundo periodo, mellorou a defensa dos arteixáns, pero o acerto de cara á canastra seguía a ser baixo, polo que os locais ían aumentando a súa vantaxe.

O terceiro periodo seguiu polos mesmos derroteiros, pouca anotación e moitos erros no lanzamento, pero a defensa seguía a ser boa, evitando que a diferenza aumentase a pasos grandes.

No cuarto e quinto periodo, melloraron os arteixáns a súa cara, pero a pelota seguía sen querer entrar, xogando as súas bazas na defensa para manter a diferenza no marcador.

No último periodo, por fin acertaron os de Arteixo co aro o que, unido á intensidade defensiva, fixo que se achegasen no marcador ós de Compañía, pero non foi suficiente para poder darlle a volta ó marcador, gañando Compañía de María B por catro puntos de diferenza.

Segue a notarse a mellora dos xogadores respecto do comezo da tempada, aumentando pouco a pouco a intensidade no xogo e reducindo os despistes na defensa, pero sabendo que poden mellora moito todavía e seguir disfrutando e divertíndose en cada adestramento e en cada partido.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Iker, Martín, Víctor, Diego, Carla, Manu, Lucas e Jorge
Adestrador: Víctor García


A vindeira fin de semana non haberá competición por ser datas de Entroido, polo que a competición volverá a fin de semana do 8 e 9 de marzo contra o Obradoiro en día, hora e lugar por determinar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario