martes, 25 de febrero de 2014

Infantil masculino: C.B. Arteixo 52 - 26 Ferroatlántica Costa da Morte

Partido correspondente á primeira xornada do Grupo A-3 da 2ª división infantil masculino, disputado o domingo ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo.

52 - 26  (12-4 / 14-10 / 12-6 / 14-6)

Dende o comezo do partido puidéronse ver dous equipos con ideas totalmente opostas de como afrontar o partido.

Por un lado, os arteixáns cunha idea de xogar un baloncesto rápido como sempre, independentemente de quen sexa o rival. Polo outro lado, un Costa da Morte intentando xogar sempre posesións de 24 segundos e ben pechados na defensa.
E aí estivo a loita todo o partido

Cando os locais podían correr, pegaban pequenos estiróns no marcador. Se o partido se facía lento, todo se igualaba...

Bo partido en xeral dos arteixáns, pero con moitos aspectos a mellorar nos próximos partidos.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Samuel, Saúl, Raúl, Yago, Simón, Elías, Jacobo, Hugo e Dani
Adestrador: Iván García

Por parte do Ferroatlántica Costa da Morte xogaron Insua, Lado, Martínez, Benlloch, Olveira, García e López
Adestrador: Lucas Martínez


A vindeira fin de semana non haberá xornada polo parón do Entroido, reanudándose a competición o seguinte fin de semana. O partido contra o Ferrol C.B., a falta de confirmación oficial, será o domingo ás 12:00 horas no Pavillón Universitario de Esteiro de Ferrol.

No hay comentarios:

Publicar un comentario