martes, 11 de febrero de 2014

Infantil masculino: C.B. Arteixo 31 - 61 BCA 01

Partido correspondente á 14ª xornada da 2ª división infantil masculino, disputado o sábado ás 12:30 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo

31 - 61  (8-16 / 13-18 / 2-17 / 8-10)

Moi bo partido por parte dos de Arteixo, que demostraron ante o segundo clasificado que teñen moito máis baloncesto que o amosado no partido anterior ante o Salgado Montrove.

Gran traballo defensivo na primeira metade e correcto no ataque, cunha moi boa saída da presión. Lástima que non houbese máis acerto de cara ó aro.

Ese desacerto incrementouse na volta dos vestiarios, o que fixo que BCA conseguise unha vantaxe que se convertiu en inalcanzable.

Sen embargo, os de Arteixo non deixaron de pelexar ata o último segundo do partido, algo que se ten que converter no santo e seña do equipo, conseguindo competir no último periodo.

En definitiva, un moi bo partido que nos debe marcar a liña a seguir na segunda fase da competición, que comeza en breves.

Por parte do C.B. Arteixo xogaron Samuel, Fabio, Yago, Saúl, Raúl, Elías, Simón, Jacobo, Hugo e Dani
Adestrador: Iván García

Por parte de BCA 01 xogaron Sánchez, Buendía, Hernández, Pérez, Couto, García, Enríquez, Fornos e Blanco
Adestrador: Héctor Méndez


O equipo queda á espera de comezar a segunda fase da liga, en breves comunicarase o calendario de competición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario