Partido correspondente á 8ª xornada
da 4ª división masculina, disputado o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos
Deportes de Arteixo.
38 – 80 (5-27 / 10-24 / 14-14 / 9-15)
Comezaba o partido cos arteixáns
despistados no rebote ante un equipo fisicamente superior, o que lles
proporcionaba segundas opcións de lanzamento (as poucas veces que non
conseguían anotar), xa que estaban os visitantes especialmente acertados de
cara ó aro.
No segundo periodo, continuaba a
tónica do primeiro, pero ós visitantes lles costaba un pouco máis anotar. Aínda
así, chegábase ó descanso co partido roto por completo a favor dos visitantes
cun parcial de 15-51.
Na segunda metade a cara dos
arteixáns cambiou por completo, estaban máis intensos na defensa e atacaban
mellor a defensa zonal plantexada polos visitantes. O parcial do periodo foi de
empate a 14, sendo esto indicativo da mellora local e tamén de algo de
relaxación no cadro visitante.
O último periodo foi similar ó
terceiro, os arteixáns mantiñan a intensidade e ós visitantes lles costaba
anotar con facilidade, chegando ó final do partido cun 38-80 no marcador.
Por parte do C.B. Arteixo xogaron
Cotelo (6), Juan (11), Juan Carlos (0), Manu (8), Pavo (0), Víctor (7), Adrián
(2), Pablo (2), David (0) e Dany (2)
Adestrador: Germán Lozano
Por parte do Dinamo CBAJ xogaron
Dani García (13), David García (30), S. García (21), González (4), Rivas (1),
S. Mateos (0), Ruano (9), R. Mateos (0), Vázquez (0) e Barral (2)
Adestrador: José Noya
A vindeira fin de semana, o C.B.
Arteixo disputará o seu partido ante o ACB Costa da Morte o domingo ás 19:00
horas no Pavillón Municipal de Cee en busca dun bo partido para poder conseguir
a victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario