Partido disputado o domingo ás 16:30
horas no Colexio Compañía de María de A Coruña entre o Compañía de María e o
C.B. Arteixo, correspondente á volta dos 1/8 de final da Copa Primavera Cadete
Masculino. Partían os arteixáns con 17 puntos de vantaxe do partido de ida.
Comezaba o partido cos locais
defendendo en zona, con dous xogadores interiores moi pechados, permitindo os
lanzamentos exteriores. O porcentaxe de acerto dos arteixáns era bastante
baixo, aínda así conseguíase chegar por diante no marcador ó remate do periodo,
8-13.
O segundo periodo era igual que o
primeiro, pero con moitos máis erros por parte de ámbolos dous equipos, o que
orixinaba rápidos contraataques que moitas veces non remataban en canastra. Os
locais conseguían achegarse pouco a pouco no marcador, para chegar ó descanso
cun 24-26 no marcador.
Á volta dos vestiarios, o equipo
local seguía coa súa defensa zonal e os visitantes buscaban situacións de 1x1
para doblar o balón. Cometíanse moitas infraccións en forma de falta por parte
de ámbolos dous equipos, pero era complicado para o único árbitro que había na
pista poder sancionalas todas. A boa defensa visitante facía que os arteixáns
aumentasen a súa diferenza no marcador, chegando ó remate do periodo cun 30-39
no marcador.
O último periodo comezaba con varios
erros en pases fáciles por parte dos locais, sumado a que se defendía sen
intensidade, chegaban as canastras locais ata chegar a poñerse por diante no
marcador a falta de 1 minuto para finalizar o partido. Tras un tempo morto e un
bo movemento ofensivo, errábase un lanzamento só baixo a canastra que daría a
victoria. Posteriormente, unha falta antideportiva e outra falta a maiores
facía que a diferenza no marcador aumentase a favor dos locais. Chegándose ó
final do partido cun 47-43 no marcador.
Con esta derrota, grazas ós 17
puntos de vantaxe do partido de ida, os arteixáns clasifícanse para os 1/4 de
final da Copa Primavera Cadete Masculina. O rival será BCA 98.
C.B. Arteixo
Miguel C; Darío; Natahel; Juanlu;
Jonathan; Javi; Leo, Antón e Adrián.
Ad: Jose Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario