Esta fin de semana só
teñen partido os equipos infantil feminino e o senior de 4ª división.
O resto de equipos
terán xornada de descanso pola chegada da Semana Santa, o que deixará ós
equipos sen competir ata o fin de semana do 7 de abril.
Abre a xornada o C.B. Arteixo infantil feminino, que
disputará o partido aprazado conta o CD Los Rosales o sábado ás 18:00 horas na
Polideportiva de Riazor. Intentarán as nenas de Andrea conseguir unha victoria
nesta segunda fase da liga para ver como se confirma a mellora diaria das nenas
cun resultado favorable en canto ó marcador.
Pecha a xornada o C.B. Arteixo senior de 4ª división.
Xogará o derby local contra o C.B. Laracha o domingo ás 19:00 horas no Pazo dos
Deportes de Arteixo. Será o último partido da liga para os xogadores de Germán,
que non serán quen de abandonar o último posto da clasificación pero que queren
rematar a competición cunha victoria e afrontar a competición da Copa despois
de bastante tempo sen conseguir unha victoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario