miércoles, 16 de enero de 2013

Senior 2ª división: Novacaixagalicia Rosalía 68-71 C.B. Arteixo


O C.B. Arteixo visitaba ó Novacaixagalicia Instituto Rosalía de Castro de Santiago o sábado ás 16:00 horas. O partido disputábase no pavillón do Instituto Rosalía de Castro de Santiago.

Buscaban os xogadores de Fran conseguir a victoria que os afianzase no primeiro posto da clasificación despois da primeira fase da liga, e o conseguiron, anque non sen sufrimento.

O partido comezou ben para os locais, que xogaban fácil con accións rápidas dos seus xogadores, que se movían continuamente para buscar situacións de vantaxe.
Pouco a pouco, os arteixáns foron asentando o seu xogo cun bo movemento de balón, chegando ó final do primeiro periodo coa máxima vantaxe de 10 puntos (11-21)

No segundo periodo, os santiagueses dominaron o xogo case en todo momento, con situacións de xogo que superaban ós arteixáns no 1x1 para anotar con facilidade. O parcial do periodo indicaba a superioridade local cun 24-15 que deixaba o marcador nun 35-36 a favor dos de Fran Lozano.

A segunda metade do partido foir moi igualda, aínda que os de Arteixo sempre foron por diante no marcador, pero con vantaxes curtas.
Xa preto do final do partido, os visitantes conseguían 8 puntos de vantaxe, pero varias perdas de balón e dúas xogadas de canastra e falta apretaron o marcador. Ó final, os locais tiveron a última posesión para intentar empatar pero non o conseguiron. Ó remate do partido, o marcador sinalaba 68-71 a favor dos arteixáns.

Partido moi disputado diante dun equipo formado practicamente por xogadores junior cun gran futuro por diante no que os visitantes impuxeron o seu saber xogar nos partidos igualados.


A próxima semana, o C.B. Arteixo recibirá ó Obradoiro no Pazo dos Deportes de Arteixo o domingo ás 12:00 horas, no que será o comezo da segunda volta para os xogadores de Fran Lozano.


Novacaixagalicia Rosalía
Sanmartín (0), Barreiro (11), Orejas (0), Barros (2), Cereijo (6), Goday (7), Fernández (5), García (0), Bouzán (27), Gundín (6), Paz (2), Torres (2)
Ad: Roberto Rivera

C.B. Arteixo
Rober Garnelo (4); Iván (4); Diego (13); Álex (10); Guille Conchado (6); Guille Vilanova (0); Manu (9), Edu (16); César (0); Rober Vilariño (5); Mindi (4); David (0).
Ad: Fran Lozano

No hay comentarios:

Publicar un comentario