viernes, 18 de enero de 2013

Partidos para a fin de semana do 19 e 20 de Xaneiro


Continúa a competición para os equipos do C.B. Arteixo, esta fin de semana xogarán tódolos equipos agás o C.B. Arteixo cadete, que aprazou o seu partido contra BCA 97 por petición do equipo coruñés. O partido pasará a disputarse, en principio, o sábado 2 de febreiro ás 12:00 horas na Polideportiva de Riazor II.

Abrirá a xornada o C.B. Arteixo alevín mixto. Xogará o sábado ás 17:15 horas no Pavillón Municipal de A Sardiñeira de A Coruña contra BCA A. Intentarán os nenos e nenas de Arkaitz seguir coa mellora dende o principio de tempada para disputar o partido o máximo posible ante un rival que conta tódolos seus partidos gañados por KO.

Xa na xornada de domingo, o C.B. Arteixo infantil masculino recibirá ó C.B. Artai ás 10:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo. Tratarán os xogadores de Edu continuar na boa liña de xogo que levan mostrando dende principio de tempada ante un equipo moi superior físicamente.

Xa o domingo xogará o seu partido o C.B. Arteixo infantil feminino contra Compañía de María ás 11:15 horas no Pavillón de Elviña 1 de A Coruña. As nenas de Andrea tratarán de conseguir a segunda victoria da tempada, que se lles escapou no último periodo a semana pasada, e seguir mellorando pouco a pouco o seu nivel de xogo como veñen facendo nos últimos meses.

Continúa a xornada de domingo de baloncesto no Pazo dos Deportes de Arteixo co C.B. Arteixo senior de 2ª división, que recibirá ó Obradoiro ás 12:00 horas. O Obradoiro foi o único equipo capaz de vencer ós xogadores de Fran Lozano na primeira volta da liga, foi na xornada inaugural e por 17 puntos de diferencia. Tratarán os locais de seguir coa racha de 9 victorias seguidas e adxudicarse a décima consecutiva para manter o liderato da competición.

En horario de tarde, o C.B. Arteixo junior recibirá ás 17:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó BCA 96. Tratarán os xogadores de Germán conseguir a súa segunda victoria da tempada e a primeira do 2013 ante un complicado equipo, que na primeira volta venceu por 8 puntos de diferencia ós arteixáns nun partido moi igualado.

Pecha a xornada o C.B. Arteixo senior de 4ª división que recibirá ás 19:00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo ó ADFRO. Buscarán os xogadores de Germán seguir na boa liña de xogo mostrada nos últimos partidos para conseguir a segunda victoria da tempada que tanto se lles resiste.

No hay comentarios:

Publicar un comentario